Guia docente 2026_27
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia contemporánea de España
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Selección, presentación, análise e crítica dos materiais traballados, que poderán ser obxecto de avaliación mediante unha proba específica, ben sexa de carácter obxectivo ou doutra natureza. Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado. Para superar a materia será preciso obter, nesta proba, unha cualificación mínima de 0,75 puntos dun máximo de 1,5 puntos. 15 C12
Traballo tutelado Presentación, defensa e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Valorarase o marco teórico, a estrutura e articulación do traballo, a reflexión crítica sobre as fontes e a bibliografía e o seu uso correcto e a presentación e exposición formal do mesmo.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en bibliografía específica ou no traballo con fontes históricas e análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes históricas e das interpretacións historiográficas. Para superar a materia será preciso obter, nesta proba, unha cualificación mínima de 1,5 puntos dun máximo de 3 puntos.
30 A4
B3
D4
D9
D11
Resolución de problemas de forma autónoma Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos exercicios prácticos sinalados, os cales poderán ser obxecto de avaliación mediante unha proba específica, ben sexa de carácter obxectivo ou doutra natureza.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Respecto a outras culturas e modos de entender ao home e á súa contorna. Para superar a materia será preciso obter, nesta proba, unha cualificación mínima de 0,25 puntos dun máximo de 0,5 puntos.
5 C13
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame escrito. Valoraranse os coñecementos teóricos da disciplina, a estruturación lóxica das ideas, a conciencia evolutiva dos distintos procesos históricos, a claridade expositiva, o espírito crítico, a madureza do estilo literario (sintaxe, léxico, ortografía, etc.) e a coherencia expositiva. Todo elo mediante probas de avaliación que poderán incluír preguntas ou temas de resposta longa ou de desenvolvemento, comentarios e composicións de texto histórico, incluíndo o comentario de gráficas, imaxes, textos escritos, etc., e cuestións de resposta breve orientadas a determinar a adquisición dos conceptos básicos da materia polo alumnado. Para superar a materia será preciso acadar unha cualificación mínima de 2 puntos dun máximo de 4.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: coñecemento da Historia da Península Ibérica nunha perspectiva comparada e coñecemento dos conceptos principais da Historia de Península Ibérica.
40 A1
C16
C19
Observación sistemática Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado e da súa participación activa a través da realización da totalidade das actividades e probas que conforman a programación da materia, incluído o foro. Para o seu control é imprescindible a entrega dunha ficha por parte do alumnado antes de rematar a primeira quincena do cuadrimestre. Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas. 10 A4
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado
deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a
avaliación continua. Así mesmo, deberá acudir e realizar as probas que o
profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos
seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo
electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula e, no seu caso, o
seminario de informática da facultade. Docencia non presencial: Campus Remoto
(enlace en MooVi).

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial
poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de
teledocencia MooVi, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos
materiais precisos para a adquisición das competencias e a consecución dos
resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. A
utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi
deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera
proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas como
propias" (dle-rae).

Para todo o alumnado especificaranse en MooVi
as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de
entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. O seguimento
individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase a
partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de
acceso, realización de probas ou exercicios en liña, participación en foros, etc.).

Aqueles estudantes que
elixan ser avaliados mediante a modalidade de avaliación global deberán
comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles
dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a
avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de
aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo), examinarase de todo o programa da
materia, o cal deberá preparar a partir da bibliografía básica sinalada, mediante
unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e do resto das actividades
prácticas fixadas no curso, que suporán en conxunto un 30% da nota. Todas estas
probas, no caso de que así o requiran, deberán estar asignadas, como mínimo, un
mes antes da realización do exame oficial de cada convocatoria ou oportunidade e
entregaranse non máis aló da data de realización do mesmo en cada una destas.
En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial e opción polo mencionado
art. 64.g), para superar a materia, requírese obter unha cualificación mínima
de 5 puntos sobre 10 tanto na parte teórica como en todas e cada unha das probas que
conforman a parte práctica.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000