Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga universal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro Análises e comentarios críticos das fontes que proporcionan o coñecemento da historia antiga: textos, iconografía e material arqueolóxico. Poderá completarse cun análise crítico dalgún documental visionado na aula e/ou subido á plataforma.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento da estrutura diacrónica da Historia.
Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
20 C12
C20
D3
D4
Traballo tutelado Un traballo individual ou en grupo (máximo tres persoas), no que se analice un aspecto da relixión ou a sociedade, a elixir entre Exipto ou Grecia. O tema concreto poderá escollerse dun listado ou propoñelo directamente. Expoñerase na aula (física ou remota) e entregarase en formato electrónico (PDF ou Power Point) en Moovi.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento dos conceptos principais da Historia xeral ou universal.
Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
15 B2
B5
C12
C22
D3
Presentación As presentacións e exposicións relaciónanse co traballo tutelado, relativo a un aspecto significativo da relixión ou sociedade e será exposto na aula (física ou remota).
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento dos conceptos principais da Historia xeral ou universal.
Coñecemento da estrutura diacrónica da Historia.
5 B2
C16
D3
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Esta proba escrita está unida ao Obradoiro. Consistirá na resolución dun texto a modo de comentario, seguindo as pautas empregadas ao longo do curso no obradoiro das sesións prácticas.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento dos conceptos principais da Historia xeral ou universal.
15 B2
C16
C20
D4
Exame de preguntas de desenvolvemento Esta proba escrita está unida á da Sesión Maxistral. A través dela se valorará o coñecemento teórico adquirido na materia e exposto na aula.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento dos conceptos principais da Historia xeral ou universal.
35 B2
C16
C20
C22
D4
Autoavaliación Valoración do traballo autónomo do alumnado mediante a realización
de cuestionarios sobre os contidos da materia a través de Moovi. Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos conceptos principais da historia xeral ou universal
10 B2
C16
C20
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para superar a materia é imprescincible acadar a cualificación de 5 entre a proba de resolución de problemas e o exame de preguntas de desenvolvemento. Ademáis, os coñecementos de Exipto e de Grecia deben ser equilibrados, é dicir, non se poderá alcanzar esa puntuación se non se demostra un coñecemento básico de cada unha das culturas.

O alumnado que se acolla á modalidade semipresencial poder seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma
de teledocencia Molde, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das
competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Así mesmo as sesións maxistrais serán previamente gravadas.
Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou
remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que
permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC
farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou
exercicios en liña, etc.).
O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo
deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.
Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de “avaliación global deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artículo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado de la Universidade de Vigo) e serán evaluados de los contenidos del plan de estudios mediante una prueba escrita, que supondrá el 70% de la nota final, y un trabajo obligatorio que representará el 30% de este e serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio que representará un 30% desta.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000