Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga universal
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Realización dun cuestionario (subido á plataforma) para autoavaliar os coñecementos previos sobre a Historia Antiga.
Debate na aula ou no campus remoto sobre os coñecementos previos sobre a Historia Antiga e aclaración dos aspectos básicos
Lección maxistral O material docente empregado na aula será subido con antelación á plataforma de teledocencia, así como outros documentos con contidos teóricos que faciliten a comprensión do temario impartido. As exposicións serán gravadas e subidas á plataforma Moovi

Eventos científicos Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o departamento de Historia, Arte e Xeografía e/ou a Facultade de Historia. Na medida do posible é recomendada a súa asistencia; en caso contrario, serán gravadas e deberán visualizarse de xeito virtual.
Obradoiro Análise individual do material práctico subido á plataforma, na súa maioría textos clásicos que fan referencia á teoría previamente impartida.
Realizarase un debate sobre o texto, analizando e interpretando esa fonte primaria; neste caso, de xeito complementario, se deberá subir á plataforma un documento co título e o enunciado da/as idea/as principais e das secundarias. Se non é posible participar do debate (presencial ou virtual) a reflexión (comentarios de texto) farase por escrito, e subirase ao apartado de tarefas da plataforma Moodle. As dúbidas poden ser consultadas polas vías explícitas no apartado de atención personalizada. Máxima extensión dúas carillas A4.
Traballo tutelado Deberase escoller un tema relacionado ou ben coa relixión ou ben coa sociedade na cultura Exipcia ou na Grega (dos propostos na lista ou a iniciativa propia). Salvo excepcións xustificadas, será un traballo en grupo (máx. 3 persoas). Realizarase a presentación na aula ou en remoto
Seminario Aclaración de dúbidas sobre a materia, tanto daquelas relacionadas ca teoría, como cas diversas prácticas (seminarios, traballos tutelados).
Presentación O traballo tutelado sobre relixión ou sociedade será seleccionado dunha lixtase ou ben a proposta do alumnado. Deberá ser realizado, salvo casos xustificados en grupo, máximo 3 persoas. O traballo será entregado na plataforma, na tarefa correspondente, en formato PDF ou en Power Point.
O traballo expoñerase na aula ou no campus remoto en aproximadamente 15 minutos e o contido das presentacións sera a sorteo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000