| Lección maxistral |
O material docente empregado na aula será subido con antelación á plataforma de teledocencia, así como outros documentos con contidos teóricos que faciliten a comprensión do temario impartido. As exposicións serán gravadas e subidas á plataforma Moovi
|
| Obradoiro |
Análise individual do material práctico subido á plataforma, na súa maioría textos clásicos que fan referencia á teoría previamente impartida.
Realizarase un debate sobre o texto, analizando e interpretando esa fonte primaria; neste caso, de xeito complementario, se deberá entregar un resumo ou esquema ao final da sesión. O alumnado semipresencial fará a reflexión por escrito e subirase ao apartado de tarefas da plataforma Moodle. As dúbidas poden ser consultadas polas vías explícitas no apartado de atención personalizada. Máxima extensión dúas carillas A4. |
| Seminario |
Aclaración de dúbidas sobre a materia, tanto daquelas relacionadas ca teoría, como cas diversas prácticas (seminarios, traballos tutelados). |