Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía: Espazos e sociedades
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Coñecer o territorio (ambiente, sociedade, cultura) dende unha perspectiva diacrónica e sincrónica
B3 Obter as habilidades necesarias para rexistrar, analizar e interpretar a información relevante de índole xeográfica e histórica
C3 Coñecemento das claves e desenvolvemento dos espazos xeográficos, (aspectos físicos, humanos, económicos) na súa dinámica socio-territorial
C4 Conciencia crítica da relación entre os fenómenos xeográficos, físicos e humanos, a diferentes escalas territoriais
C6 Coñecemento e aplicación dos principais métodos e técnicas de investigación xeográfica
C8 Desenvolvemento e aplicación dos procedementos de traballo de campo
D1 Capacidade de análise e síntese
D4 Comunicación oral e escrita no idioma propio
D5 Capacidade de xestión da información e o coñecemento
D7 Capacidade de razoamento crítico
D9 Traballo en equipo en diversos contextos
D10 Atención á diversidade e multiculturalidade.
D11 Capacidade de aprendizaxe autónoma
D15 Sensibilidade a temas ambientais.
D16 Coñecemento doutras culturas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000