Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía: Espazos e sociedades
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Seminario A atención personalizada consistirá na revisión de exercicios, probas e traballos; na resolución de dúbidas e toma de acordos para calquer aspecto da dinámica da materia. Realizarase a través dos seguintes recursos: curso virtual na plataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula. Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi).
Actividades introdutorias A atención personalizada consistirá na orientación do nivel de aprendizaxe requirido, a introdución aos materiais, a resolución de dúbidas e a explicación da dinámica do desenvolvemento da materia. Realizarase a través dos seguintes recursos: curso virtual na plataforma Moodle (MooVi UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula. Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi).
Traballo tutelado A atención personalizada consistirá na orientación, resolución de dúbidas e problemas que poidan ir xurdindo ao realizar os traballos. Realizarase a través dos seguintes recursos: curso virtual na plataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula. Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000