Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía: Espazos e sociedades
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento e análise da realidade xeográfica en escalas espazo-temporais global, europea e local, comunicando a reflexión sobre a mesma nos termos e procedementos xeográficos adecuados; Comprensión dos fenómenos xeográficos como manifestación de relacións complexas entre variables físicas, humanas e socio-económicas.
40 A3
B1
C3
C4
D1
D4
D7
D15
D16
Exame de preguntas obxectivas O alumnado realizará un cuestionario razoado, de análise e interpretación dos aspectos relacionados coa temática teórica.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento e análise da realidade xeográfica en escalas espazo-temporais global, europea e local, comunicando a reflexión sobre a mesma nos termos e procedementos xeográficos adecuados; Comprensión dos fenómenos xeográficos como manifestación de relacións complexas entre variables físicas, humanas e socio-económicas.
20 A3
B1
C3
C4
D1
D4
D9
D15
D16
Traballo O alumnado presentará os resultados obtidos (documentación e defensa) sobre o desenvolvemento dunha temática da materia nun aspecto aplicado (inclúe avaliación do uso das TICs).
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento e capacitación para a selección, manexo e tratamento da información e datos xeográficos nun contexto disciplinar e multi-disciplinar; Habilidade para a realización de traballo, utilizando técnicas de carácter cualitativo e cuantitativo, e posta en valor para a diversidade e benestar social.
30 B3
C6
C8
D1
D4
D5
D9
D11
D15
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado, valorando aprendizaxes e accións (orde, precisión, destreza, eficacia, participación activa) a través do traballo autónomo en todos os escenarios docentes.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento e capacitación para a elección, manexo e tratamento da información e datos xeográficos nun contexto disciplinar e multi-disciplinar
10 A3
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Establécense dous
sistemas de avaliación: continua (probas e actividades desenvolvidas ao longo
do cuatrimestre) e global (datas oficiais de exame para cada oportunidade de
avaliación establecida no calendario académico), entre os que o alumnado poderá
elexir. Para superar a avaliación contínua o alumnado deberá acadar una
calificación mínima do 50% en cada un dos ítems de avaliación. En caso de non
acadar a calificación mínima nalgún dos ítems de avaliación, a máxima nota
posible será a máis alta dentro do suspenso (Artigo 32.2 do Regulamento sobre a
Avaliación da Universidade de Vigo, do 2023).

O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de
presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir
e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos
seguintes recursos: Curso virtual naplataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo
electrónico. Docencia presencial:seguimento na aula. Docencia nonpresencial:
Campus Remoto (enlace en MooVi).

Os estudantes que
se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do
Curso Virtual na plataforma deteledocencia MooVi, da Universidade de Vigo, que
permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e
a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos
como prácticos. A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a
través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados
cun cero calquera proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras
alleas, dándoas comopropias" (dle-rae).

Para todo o
alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, as actividades de
avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente
establecido. O seguimento individualizado da participación de cada estudante a
través das TIC farase apartir das ferramentas propias da plataforma
(participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en
liña, etc.).

Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a
modalidade de “avaliación global" deberán comunicalo ao profesorado
responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada
cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a
calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade
de Vigo, do 2023). O estudantado que opte pola modalidade de avaliación global
será avaliado do programa da materia mediante una proba teórica (60%) e un
traballo obrigatorio a consensuar co profesorado (40%)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000