A materia considerarase superada se se cumpren os seguintes requisitos:
1º. Obter unha nota igual ou superior a 5 na proba de preguntas obxectivas 2º. A nota media ponderada de todas
as metodoloxías avaliables sexa igual ou superior a 5.
O alumnado que en 1ª convocatoria non supere a nota mínima establecida para a proba de preguntas obxectivas, gardaráselles
a cualificación do resto de actividades para a 2ª convocatoria do ano en curso.
O alumnado que non poida asistir ás clases presenciais, por motivos laborais debidamente xustificados, cualificaráselles
do seguinte modo:
- Probas de preguntas obxectivas: 70% - Seminarios: entrega de seminarios resoltos: 30%
Para superar
a materia debe de alcanzarse a metade da puntuación máxima en cada unha das partes avaliables. Datas de exames:
Fin de Carrera:18 septiembre 2020 16 h 1ª Edición: 28 Mayo 2021 10 h
2ª Edición: 13 Jullo 2021 16 h
En caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no
taboleiro de anuncios e na web do Centro.
Convocatoria fin de carreira: o alumnado que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co
exame (que valerá o 100% da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito
que o resto do alumnado.
|