Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Xestión da calidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Seminario Valoraranse cun máximo do 30% da nota final; desta porcentaxe un 10% será para cualificar a entrega puntual e o outro 10% para cualificar a resolución do caso e un 10% para puntuar a participación activa nos seminarios. Con esta metodoloxía avaliaranse todos os resultados de aprendizaxe.
Resultado de aprendizaxe esperados: RA1
30
CG1
CG2
CG3
CE35
CE37
CT1
CT2
CT3
CT4
CT5
CT6
CT10
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha proba obxectiva para evaluar os coñecementos teóricos adquiridos polo alumnado. Esta proba terá un valor máximo de o 70% sobre a nota final. E deberase obter un 5 sobre 10 para superar a materia. Resultado de aprendizaxe esperados: RA1 70
CG1
CG2
CG3
CE35
CE37
CT1
CT3
CT4
CT5
CT6
CT10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A materia considerarase superada se se cumpren os seguintes requisitos:

1º. Obter unha nota igual ou superior a 5 na proba de preguntas obxectivas
2º. A nota media ponderada de todas
as metodoloxías avaliables sexa igual ou superior a 5.
O alumnado que en 1ª convocatoria non supere a nota mínima establecida para a proba de preguntas obxectivas, gardaráselles
a cualificación do resto de actividades para a 2ª convocatoria do ano en curso.

O alumnado que non poida asistir ás clases presenciais, por motivos laborais debidamente xustificados, cualificaráselles
do seguinte modo:
- Probas de preguntas obxectivas: 70%
- Seminarios: entrega de seminarios resoltos: 30%
Para superar
a materia debe de alcanzarse a metade da puntuación máxima en cada unha das partes avaliables.
Datas de exames:
Fin de Carrera: 11-outubro-2019 16 h
1ª Edición: 5-Xuño-2020 10 h
2ª Edición: 6-Julio-2020 16 h

En caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no
taboleiro de anuncios e na web do Centro.
Convocatoria fin de carreira: o alumnado que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co
exame (que valerá o 100% da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito
que o resto do alumnado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000