Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Xestión de espazos naturais e protexidos
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2019_20
Materia Xestión de espazos naturais e protexidos Código O01G261V01926
Titulacion
Grao en Ciencias Ambientais
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OP 4 2c
Lingua impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía vexetal e ciencias do solo
Ecoloxía e bioloxía animal
Coordinador/a
Álvarez Jiménez, Maruxa
Correo-e maruxa@uvigo.es
Profesorado
Álvarez Jiménez, Maruxa
Web
Descrición xeral A materia "Xestión de espazos naturais e protexidos" abarca aspectos xerais relativos á xestión e conservación da biodiversidade das diversas redes de espazos protexidos: como se clasifican e os principios básicos do seu deseño e planificación, así como ás ferramentas para a súa planificación e xestión. Os obxectivos que se perseguen tras cursar esta materia son os seguintes: 1) Coñecer as áreas de xestión e planificación dos Parques Nacionais. 2) Coñecer as diversas redes de espazos protexidos existentes tanto a nivel estatal como europeo. 3) Coñecer a lexislación e normativa que afecta os Espazos Protexidos, e en particular aos Parques Nacionais. 4) Facilitar recursos de xestión relacionados coa área de conservación da biodiversidade e uso público da rede de espazos protexidos
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000