Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Avaliación e conservación de solos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen:
En caso de continxencia as clases de teoría e seminarios pasaran a realizarse de xeito non presencial utilizando o campus remoto.

* Metodoloxías docentes que se modifican:
As prácticas de laboratorio serán sustituidas por exercicios que simulen a resolución das cuestións prácticas a partir dos datos aportados polo profesor, e ao finalizar os alumnos presentarán una memoria similar á que elaborarían a partir das prácticas presenciais e na que detallarán a resolución dos exercicios, os resultados fináis e a interpretación dos mesmos.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías):
Realizaránse no despacho virtual do profesor previa cita concertada por correo electrónico.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir:
Non semella necesario modificar os contidos agás a parte práctica experimental se non se poidese realizar.



=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

(Só no caso de non ter realizadas as prácticas experimentáis no momento do peche)

Examen teória: [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 30%]

Traballo tutorizado: [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 30%]

Seminarios: [Peso anterior 20%] [Peso Proposto 30%]

Memoria de prácticas: [Peso anterior 20%] [Peso Proposto 10%]


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000