Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Avaliación e conservación de solos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliarase a asistencia e participacion nas diferentes sesións, Os coñecementos adquiridos avaliaranse nas distintas probas que se realizarán ao longo do curso
Resultado de aprendizaxe avaliado RA1.
10 C1
C3
C6
C7
C10
C12
Seminario Avaliarase a participación nos seminarios mediante a valoración da participación activa e dos informes presentados.
Resultados de aprendizaxe avaliados RA2-RA4.
10 A4
B1
B2
C4
C12
D1
D3
D4
D5
D9
Prácticas de laboratorio Avaliarse o informe final e a interpretación dos resultados.
Resultados de aprendizaxe avaliados RA2-3.
10 A3
A4
C4
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas Se avaliaran os coñecementos das distintas competencias mediante unha proba tipo test e mediante preguntas cortas (RA1- RA4) 40 C1
C3
C4
C6
C7
C10
C12
Resolución de problemas e/ou exercicios Se avaliarán as destrezas na resolución de problemas (RA1-RA4) 30 C1
C3
C4
C6
C7
C10
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Contémplanse neste apartado da guía
docente distintas posibilidades de avaliación que se poderán aplicar en cada
oportunidade: fin de bimestre/cuadrimestre, segunda oportunidade-xullo e fin de
carreira.

CONVOCATORIA
FIN DE BIMESTRE/ CUADRIMESTRE E SEGUNDA OPORTUNIDADE-XULLO:

A persoa
matriculada escollerá se quere ser avaliada de xeito continuo ou final
(explícanse a continuación as diferentes condicóns para cada unha delas) e debe
comunicar á persoa coordinadora da materia a cal se acolle. Nos dous casos,
ainda que con distinto peso con respecto á nota final, é obrigatoria a
realización dunha proba final de tipo test ou de desenvolver preguntas.

O detalle
das formas de avaliación a escoller é o seguinte:

a) Avaliación
continua
: puntúase a calidade dos traballos ou probas realizados pola/o
estudante durante o bimestre mediante a avaliación de diferentes aportacións,
incluindo a participación nos seminários e prácticas e o test relacionados. Desta
maneira, a nota final (NF) da asignatura estará conformada por: exame final
(EF=40%) + Resolución de problemas (RP=30%) + seminarios (S=10%) +
Prácticas (P=10%) + asistencia e participación nas diferentes sesións (AP=10%).

NF(100%)
= EF(40%) + RP (30%) + S(10%) + P (10%) + AP(10%)

O
exame final será un exame único de preguntas test ou de desenvolver que poderá
incluir preguntas das sesións teóricas, prácticas e seminarios.

Neste
tipo de avaliación, é condición que se alcance polo menos un 40% da nota do exame
final (EF) para que o resto das probas podan ser contabilizadas na nota final
(NF). Estas puntuacións terán validez ó longo de cada curso académico e serán
sumadas á do exame final, tanto na convocatoria fin de bimestre como na segunda
oportunidade sempre que a persoa matriculada así o exprese.

A calificación dos
alumnos acollidos ao sistema de avaliación continua manterase para a segunda
convocatoria por unha soa vez sempre que acaden un mínimo dun 40% sobre 100 na
avaliación inicial.

b) Avaliación
global:
non se teñen en conta as puntuacións obtidas nas achegas dos
seminarios. Neste caso a avaliación será o 100% da calificación do exame
oficial. Para escoller esta opción, debe de ser comunicado previamente ao
coordinador da materia, por email ou a través de Moovi, nun plazo non superior
ao primero mes de docencia.

Para
aqueles alumnos/as que desenvolvan paralelamente unha actividade profesional
fora do ámbito universitario (debidamente acreditada mediante copia oficial do
contrato de traballo) que lles impida unha presencialidade superior ao 15% nas
sesións maxistrais, nos seminarios e nas prácticas, a avaliación se fará de
acordo á avaliación final (100% de acordo ao exame final).

No caso de non comunicar ningunha
opción, entenderase que o alumno escolle a opción de avaliación continua.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:

A persoa matriculada que opte por
examinarse en fin de carreira será avaliada únicamente co exame (que valerá o
100% da nota). NF=EF. No caso de non asistir
ou de non aprobar dito exame, pasará a ser avaliada ó igual que o resto dos/as
estudantes.

Datas de
exames:

Fin de
carreira:
26/09/2023 ás 16:00 h.

Xuño: 1/04/2024
ás 16:00

Xullo: 10/07/2024 ás 16:00.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000