Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Ciencia e tecnoloxía dos cereais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Valorarase a asistencia, a actitude e a participación.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1 e RA2
20 A2
B2
B3
C1
C2
C5
C6
C12
C14
C15
D5
D7
D8
Seminario Valorarase a profundidade dos coñecementos expostos nos temas tratados, a orde nas exposicións e as respostas ás preguntas expostas polos compañeiros e polo profesor.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1 e RA2
20 A2
B2
B3
C1
C2
C5
C6
C12
C14
C15
D5
D7
D8
Lección maxistral Valorarase a asistencia e a actitude

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1 e RA2
10 A2
B2
B3
C1
C2
C5
C6
C12
C14
C15
D5
D7
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Valorarase a amplitude dos coñecementos expostos nas respostas en relación coa información proporcionada polo profesor no curso das sesións maxistrais.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1 e RA2
40 A2
B2
B3
C1
C2
C5
C6
C12
C14
C15
D5
D7
D8
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Avaliarase a calidade, profundidade e presentación da memoria de prácticas presentada polo alumno.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1 e RA2
5 A2
B2
B3
C1
C2
C5
C6
C12
C14
C15
D5
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aquel
alumno que desexe a Avaliación Global (o 100% da cualificación no exame
oficial) debe comunicarllo ao responsable de materia, por email ou a
través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes
desde o comezo da docencia da materia. Na avaliación continua
valorarase a asistencia e participación continua estudante.
Sistema de cualificacións: expresarase mediante cualificación final
numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente.
Para poder aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo de 5
puntos sobre 10 en cada un dos apartados avaliados.

Datas exames:
Fin de carreira: 22/09/2023 10:00
 Primeira oportunidade: 05/04/2024 10:00
Segunda oportunidade: 15/07/2024 10:00

Convocatoria fin de carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100% da nota). En caso de non asistir a devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto de alumnos.

Convocatoria xullo: a avaliación constará dun exame escrito. A porcentaxe da nota da proba escrita será do 85%. O peso da docencia práctica será do 15%. O alumno deberá presentar o informe escrito das prácticas realizadas no laboratorio.

En caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro.

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación. Facelo será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico, e a cualificación será de 0.0. Compromiso ético: O alumno debe presentar un comportamento ético apropiado. No caso de comportamentos non éticos (copia, plaxio, uso de equipos electrónicos non autorizados…), que impidan o desenvolvemento correcto das actividades docentes, considerarase

que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia, nese caso a cualificación no curso académico actual será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000