Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Ciencia e tecnoloxía do leite
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

===============================

1. MODALIDADE MIXTA / SEMIPRESENCIAL

1.1. ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS

1.1.1. LECCIÓN MAXISTRAL
De ser posible, as clases impartiranse en modo presencial para todo o alumnado. De non ser posible, desenvolveríanse no horario habitual empregando os recursos do Campus Remoto, de xeito que unha parte dos grupos encontraríase na aula e os grupos restantes nos seus domicilios.

1.1.2. PRÁCTICAS DE LABORATORIO
Sempre que sexa posible, as prácticas impartiranse en modo presencial empregando os elementos de protección que indiquen as autoridades académicas (polo menos, mascarillas, aínda que tamén sería recomendable usar luvas).

1.1.3. SEMINARIOS
Ao igual que as leccións maxistrais, os seminarios impartiranse, de ser posible, en modo presencial para todo o alumnado. De non ser posible, desenvolveríanse no horario habitual empregando os recursos do Campus Remoto, de xeito que unha parte dos grupos encontraríase na aula e os grupos restantes nos seus domicilios.

1.1.4. SAÍDAS DE ESTUDO
As saídas de estudo aprazaranse ata a recuperación da situación da actividade docente presencial habitual.

1.1.5. TRABALLO TUTELADO
Por tratarse dunha actividade autónoma dos estudantes, o traballo tutelado manterase como metodoloxía docente. Os membros dos grupos poderán reunirse coas debidas precaucións, ou comunicarse a través de medios telemáticos ou utilizando os recursos do Campus Remoto. De ser posible, os traballos exporanse presencialmente, e como alternativa empregaríanse os recursos do Campus Remoto para facer as presentacións.

1.1.6. RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS
Esta actividade, na que se formulan cuestionarios tipo test relacionados coa asignatura que se presentan a través da plataforma de teledocencia FAITIC, non experimentará cambios.

1.2. AVALIACIÓN

A avaliación na modalidade mixta será igual á da modalidade presencial. O exame, no que se avaliarán os coñecementos adquiridos a través das leccións maxistrais, as prácticas de laboratorio e os seminarios, suporá un 60% da calificación final. O traballo tutelado (en grupo) representará un 20%, e a resolución de problemas (cuestionarios tipo test a través da plataforma FAITIC) puntuará o 20% restante. Na segunda edición, aqueles alumnos que o soliciten previamente poderán ser avaliados cun único exame de toda a materia, que suporá o 100% da nota. Os exames terán lugar en forma presencial, salvo que a Universidade de Vigo decida o contrario.

1.2.1. FIN DE CARREIRA
A avaliación na modalidade mixta será igual á da modalidade presencial.

1.2.2. EXAME DA PRIMEIRA EDICIÓN
A avaliación de fin de cuadrimestre na modalidade mixta será igual á da modalidade presencial.

1.2.3. EXAME DA SEGUNDA EDICIÓN
A avaliación de segunda oportunidade na modalidade mixta será igual á da modalidade presencial. Aqueles alumnos que o soliciten previamente poderán ser avaliados cun único exame de toda a materia que suporá o 100% da nota.

1.3. TITORÍAS

As sesións de titorización terán lugar, a través do Campus Remoto, no despacho virtual do profesor (actual sala 464) durante os horarios especificados para as mesmas, baixo a modalidade de concertación previa mediante correo electrónico (jcenteno@uvigo.es).

1.4. OUTROS

Facilitarase documentación e material didáctico adicional (casos prácticos, vídeos explicativos, pílulas audiovisuais, etc.) que axuden a acadar os resultados de aprendizaxe e a adquisición das diferentes competencias.


2. MODALIDADE NON PRESENCIAL / "ONLINE"

2.1. ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS

2.1.1. LECCIÓN MAXISTRAL
As clases impartiranse en modo "online" no horario habitual mediante Campus Remoto, empregándose a plataforma de teledocencia FAITIC como reforzo.

2.1.2. PRÁCTICAS DE LABORATORIO
As prácticas impartiranse en modo non presencial por medio do Campus Remoto e utilizando materiais audiovisuais, tanto elaborados polo profesor como dispoñibles na internet. Será obrigatorio a elaboración dunha memoria. Para a docencia das clases prácticas usaranse vídeos de determinacións e ensaios laboratoriais de todos os parámetros e procesos que se levan a cabo na docencia presencial, interpretándose os diferentes resultados obtidos. Estes vídeos complementaranse con outros de plataformas públicas relacionados coas tecnoloxías de fabricación de diferentes produtos ou derivados.

2.1.3. SEMINARIOS
Os seminarios impartiranse en modo "online" no horario habitual, empregando a plataforma FAITIC e os recursos do Campus Remoto.

2.1.4. SAÍDAS DE ESTUDOS
As saídas de estudo aprazaranse ata a recuperación da situación da actividade docente presencial habitual.

2.1.5. TRABALLO TUTELADO
Por tratarse dunha actividade autónoma dos estudantes, o traballo tutelado manterase como metodoloxía docente. Os membros dos grupos poderán comunicarse a través de medios telemáticos ou utilizando os recursos do Campus Remoto. Empregaranse os recursos do Campus Remoto para facer as presentacións.

2.1.6. RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS
Esta actividade, na que se formulan cuestionarios tipo test relacionados coa asignatura que se presentan a través da plataforma de teledocencia FAITIC, non experimentará cambios.

2.2. AVALIACIÓN

A avaliación na modalidade non presencial será igual á da modalidade presencial. O exame, que se realizará empregando os recursos do Campus Remoto e no que se avaliarán os coñecementos adquiridos a través das leccións maxistrais, as prácticas de laboratorio e os seminarios, suporá un 60% da calificación final. O traballo tutelado (en grupo) representará un 20%, e a resolución de problemas (cuestionarios tipo test a través da plataforma FAITIC) puntuará o 20% restante. Na segunda edición, aqueles alumnos que o soliciten previamente poderán ser avaliados cun único exame de toda a materia, que suporá o 100% da nota. Os exames terán lugar en forma presencial, salvo que a Universidade de Vigo decida o contrario.

2.2.1. FIN DE CARREIRA
A avaliación na modalidade non presencial será igual á da modalidade presencial.

2.2.2. EXAME DA PRIMEIRA EDICIÓN
A avaliación de fin de cuadrimestre na modalidade non presencial será igual á da modalidade presencial.

2.2.3. EXAME DA SEGUNDA EDICIÓN
A avaliación de segunda oportunidade na modalidade non presencial será igual á da modalidade presencial. Aqueles alumnos que o soliciten previamente poderán ser avaliados cun único exame de toda a materia que suporá o 100% da nota.

2.3. TITORÍAS

As sesións de titorización terán lugar, a través do Campus Remoto, no despacho virtual do profesor (actual sala 464) durante os horarios especificados para as mesmas, baixo a modalidade de concertación previa mediante correo electrónico (jcenteno@uvigo.es).

2.4. OUTROS

Facilitarase documentación e material didáctico adicional (casos prácticos, vídeos explicativos, pílulas audiovisuais, etc.) que axuden a acadar os resultados de aprendizaxe e a adquisición das diferentes competencias.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000