Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Empresa: Economía e empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Porase especial atención no resultado de aprendizaxe RA1. 75 CB3
CG1
CE9
CE14
CT1
CT4
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba escrita na que o alumno deberá solucionar unha serie de
problemas e/ou exercicios nun tempo establecido polo profesor. Deste
xeito, o alumno deberá aplicar os coñecementos adquiridos na teoría.
Porase especial atención no resultado de aprendizaxe RA1
25 CB3
CG1
CE9
CE14
CT1
CT4
CT7
CT8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Edición de febreiro de 2021:

Haberá dúas posibilidades de avaliación:

Opción
A:
O estudante pode acollerse ao sistema de avaliación continua que se
acaba de expoñer. Anunciarase a principio de curso
un cronograma onde aparecen as datas das distintas probas de avaliación
continua. Entenderase que o alumno se acolle a este sistema  de
avaliación continua cando se presente ás dúas primeiras probas.

Os alumnos que se acollan ao sistema de avaliación
continua terán a obriga de colocar unha fotografía tipo carné en Faitic
antes da primeira proba de avaliación e de acceder regularmente á
plataforma de teledocencia, para estar así ao corrente das novedades que
se produzan.

Opción B: O estudante que non se acolla ao sistema de avaliación continua será avaliado mediante a realización dun
examen final de carácter escrito na data oficialmente establecida coas seguintes probas: tipo test (75%) e resolución de
problemas e/ou exercicios (25%).

Recuperación:

- Para a edición de xullo de 2021 haberá tamén dúas formas de avaliación:

Opción A: Os estudantes que se acolleran ao sistema de avaliación continua poderán conservar as notas dos dous tipos de
probas realizadas. Poderán subir nota nas seguintes partes: Proba tipo test (75%) e resolución de problemas e/ou exercicios
(25%).

-Opción B: Os alumnos que non se acolleran ao sistema de avaliación continua terán dereito a un exame final que abarcará
unha proba tipo test (75%), e unha proba de resolución de problemas e/ou exercicios (25%).

Convocatoria fin de carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado únicamente con un
exame final (que valerá o 100% da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado
do mesmo modo que o resto dos alumnos.

As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes edicións son
as seguintes:

Fin de Carreira: 10/09/2020, 16 h

Ordinaria: 20/11/2020, 16 h

Extraordinaria (xullo): 05/07/2021, 16 h

En
caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas
oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro.

É
necesario traer o DNI ou documento análogo cando teña lugar a
realización dos exames. O incumprimento deste requisito pode ter como
consecuencia que o alumno non realice o exame en cuestión.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000