Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Química e bioquímica alimentaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral
Asistencia e participacion activa
2
Prácticas de laboratorio Asistencia activa, memoria e exame 20
Seminarios Participacion activa nas actividades dos seminarios reflictida a través da exposición oral de casos, resolución de problemas, intervención en debates ou entrega de informes da actividade desenrolada 5
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Avaliación de entregables individuais (boletíns de exercicios+lecturas) 20
Outros
Asistencia a eventuais conferencias ou actividades e entrega do informe ou participación no debate correspondente
3
Probas de resposta curta Exame dos contidos da asignatura 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación dos alumnos que non poidan asistir regularmente a clase:

Para a avalización daqueles alumnos que por unha causa xustificada e debidamente documentada non poidan asistir ás actividades presenciais previstas e avaliadas na materia, procederase da seguinte maneira:

- eliminarase o 2% de cualificación por asistencia e participación ás sesións maxistrais (de ser necesario, eliminarase tamén o 3% da asistencia a conferencias) e recalcularanse proporcionalmente as porcentaxes das demais cualificacións sobre un total de 98% ou 95% respectivamente

- A avalización dos seminarios farase a partir dos informes sobre os casos/actividades e resolucións dos problemas plantexados nos seminarios que deberá entregar o alumno nos tempos previstos


- No caso das prácticas precisarase unha xustificación adicional da imposibilidade de realizalas e, nese caso, o alumno deberá entregar igualmente as memorias a partir dos resultados experimentais que lle proporcionará o profesor, ademais de facer o exame. Para isto recoméndase a asistencia do alumno a tutorías onde se poidan aclarar os aspectos mais específicos desta metodoloxía

- O resto das cualificacións serán as mesmas que para os alumnos con asistencia presencial

Datas dos exames:

FIN DE CARREIRA: 23 de septembro de 2014,
10:00h

ORDINARIO 1ª EDICIÓN: 26 de maio de 2015,
10:00h

ORDINARIO 2ª EDICIÓN: 8 de xullo de 2015,
16:00h

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000