O conxunto de actividades docentes previstas permite evaluar os/as estudiantes de forma continua nun mesmo curso académico sempre que se cumpla con ellas nas datas anunciadas, valorando especialmente a asistencia (será necesario acreditar adecuadamente ausencias). Por encima dun número de faltas equivalente o 20% das clases, prácticas, seminarios, etc. o/a estudiante deberá renunciar ó sistema de avaliación continua e realizar un exame final de toda a asignatura.
Os/as estudiantes que xustifiquen documentalmente estar traballando terán opción de participar en todas as actividades propostas na plataforma TEMA, así como na elaboración do traballo monográfico. No caso de que non poidan asistir a ningunha sesión de prácticas de laboratorio, propoñeránselles actividades alternativas. En calquera caso tamén poden renunciar á evaluación continua e facer un único exame final.
As datas de realización dos exames, aprobadas na Xunta de Facultade son:
- Convocatoria Fin de Carreira: 26 de setembro de 2014 as 10 h
- Convocatoria de Xuño: 28 de maio de 2015 as 10 h
- Convocatoria de Xullo: 15 de Xullo de 2015 as 16 h
Si un/ha alumno/a non supera a asignatura na sua primeira matrícula, no seguinte curso académico será considerado como alumno/a novo, excepto na obrigatoriedade de asistencia ás prácticas de laboratorio.
|