A materia de prácticas clínicas II facilita a realización de coidados de enfermería baseándose na atención integral de saúde, a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial, utilizando a enfermería baseada na evidencia científica, co fin de proporcionar coidados ao paciente aplicando o proceso de enfermería, establecendo unha actitude empática co paciente e a familia garantindo en todo momento o dereito á confidencialidade, privacidade e dignidade.