Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Prácticas clínicas II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticum, Practicas externas e clínicas O estudante desenvolve as actividades nun contexto relacionado co exercicio da profesión na área de Ciencias da Saúde.
Como o título de Graduado/a en enfermería pola Uvigo é presencial e habilita para o exercicio dunha profesión regulada, no relativo ás prácticas clínicas, considérase imprescindible a formación presencial nos centros sanitarios de referencia.
A realización de prácticas clínicas presenciais é un condicionante para que poidan ser avaliadas.
Estudo previo Busca, lectura e traballo de documentación, previo ás rotacións, que realiza o alumnado de forma autónoma.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Eventos científicos A/o estudante poderá asistir de forma voluntaria ás actividades docentes programadas vinculadas ao servicio asignado, previa autorización do responsable do mesmo e información ao titor académico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000