Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Prácticas clínicas II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticum, Practicas externas e clínicas Avaliación continua por parte do titor/a correspondente para identificar necesidades particulares do estudante (20%) e do equipo / profesionais do servizo (70%), valorando a adquisición das competencias asignadas, seguindo o modelo establecido, que se estrutura en: coñecementos teórico/prácticos, actitudes, habilidades e cumprimento das normas. 90 B3
B6
B11
B13
B15
C4
C11
C12
C17
C18
C29
C31
C33
D5
D6
Cartafol/dossier O estudante presentará ao finalizar o período correspondente o portafolios, no que se inclúe o cumprimento de obxectivos, relación co equipo profesional, con paciente e familia, así como unha valoración global da súa estancia.
Reflectirá a súa percepción sobre o grao de dificultade das intervencións realizadas.
10 C4
C8
C11
C12
C17
C31
C33
C49
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As prácticas clínicas II están vinculados a dous períodos, de 4 semanas, en hospitalización/centro sociosanitario e bloque cirúrxico. 

É necesario alcanzar unha cualificación mínima de catro puntos sobre dez en cada unha das avaliacións para poder optar ao aprobado. 

En unidades de hospitalización, realizaranse 2 Plans de Atención de Enfermería, que se avalían dentro do 20% correspondente ao titor (10% PAES). 

No caso de que o /a estudante non entregue en tempo e forma o cartafol e a memoria de prácticas, (un por período), repercutirá negativamente na nota, restándose un 5% da cualificación do período correspondente, no caso de que non se cumpra co devandito requirimento. 

As faltas de asistencia non xustificadas supoñerán o suspenso e a interrupción inmediata do período, mentres que si son faltas xustificadas permitiranse un máximo de 4, que serán de recuperación obrigatoria no período establecido para tal fin polo responsable da materia. A ausencia de máis de 4 días, suporá a repetición completa do período en cuestión. (Detállase en normativa de prácticas facilitada aos estudantes).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000