-
Débense superar as tres partes para aprobar a materia, obténdose entón a
nota total segundo a porcentaxe indicada anteriormente (20,40,40). No caso de
non superar algunha das partes, aplicarase un escalado ás notas parciais, de
forma que a nota total non supere o 4,5 -
No exame final o alumnado poderá recuperar a materia do examen previo de
avaliación continua, en caso de non habelo superado -
Para a consideración de "presentados" ou "non presentados"
só se terá en conta a participación no exame final. -
Si o alumno non aproba as prácticas en avaliación continua ao longo do
cuadrimestre, non poderá aprobar a materia na primeira convocatoria do curso.
Na segunda convocatoria, poderá presentarse a un único exame de prácticas de laboratorio
que lle permitiría, en caso de superalo, aprobar as prácticas, e con iso ter
opcións de aprobar a asignatura. Compromiso
ético: Espérase
que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos
non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no
presente curso académico será de suspenso (0.0). |