Guia docente 2024_25
Escuela de Ingeniería Industrial
PCEO Grao en Enxeñaría Biomédica/Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Ciencia e Enxeñaría de materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Realizarase mediante dúas probas escritas (problemas, preguntas curtas e tipo test) que recollan os coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso.
A primeira proba realizarase durante o período de impartición da materia (farase na data fixada polo centro) e terá un peso do 30%: a segunda proba (peso do 40%) farase na data fixada polo centro.
70
Prácticas de laboratorio As actividades formativas de carácter práctico avaliaranse segundo os criterios de asistencia, grao de participación e informes de desenvolvemento das prácticas (5%) e unha proba de avaliación ao final do período de impartición das prácticas (15%) 20
Traballo tutelado O traballo realizado en pequenos grupos será avaliado a través da súa defensa pública. Terase en conta a información achegada, bibliografía consultada, a estrutura dos contidos, a claridade da presentación e as respostas achegadas no debate final co profesor e o resto do alumnado 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación global: nas dúas edicións oficiais a renuncia á avaliación continua e elección do sistema de avaliación global realizarase seguindo o procedemento e o prazo establecido polo centro. Constará dun único exame escrito que terá un peso do 100% da nota e avaliaranse todos os contidos teóricos e prácticos da materia.


1º EDICIÓN DA ACTA: Modalidade de Avaliación Continua. Constará de distintas probas realizadas durante a impartición da materia e unha proba final na data oficial previamente fixada polo centro. A suma das puntuacións das diferentes probas deberá acadar un mínimo de 5 sobre 10 e un mínimo do 40% deberá obterse na proba final (parcial II). Se non se acadan os mínimos esixidos, a nota máxima que figurará na memoria será de 4,5 puntos.


2º EDICIÓN DA ACTA: Manterase a nota da parte práctica da avaliación (prácticas de laboratorio e traballo tutelado); e realizarase unha proba final ( que supón o70% da nota)  na data oficial previamente fixada polo centro. A suma das puntuacións das distintas probas deberá acadar un mínimo de 5 sobre 10 e un mínimo do 40% na proba final.

Convocatoria Extraordinaria: realizarase na data previamente fixada polo centro. Considerarase o
sistema de avaliación globale o exame escrito abarcará a
totalidade dos contidos teóricos e prácticos que suporá o 100% da nta

Comportamento ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado, atendendo especialmente ao indicado nos Artigos 39, 40, 41 e 42 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudiantado da Universidade de Vigo (aprobado no claustro do 18 de abril de 2023)

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000