Guia docente 2024_25
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Reactores e biotecnoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Esta materia é principalmente práctica, polo que o mellor sistema para avaliar os coñecementos do alumno é mediante a resolución de problemas.
Así ao longo do cuadrimestre os alumnos serán avaliados por entregables de resolución de exercicios
10 B3
B4
C19
D2
Prácticas de laboratorio Os alumnos realizarán diversas prácticas de laboratorio e saídas de estudos. Ao finalizar as diversas prácticas e nas datas indicadas polos profesores deberán entregar os informes de prácticas e realizar un cuestionario sobre as saídas de estudo. 10 B3
B4
Presentación Os alumnos deberán realizar a exposición do CASO de ESTUDO realizado que será avaliado por un tribunal composto polos profesores da materia. 10 B3
B4
D1
Estudo de casos Os alumnos realizarán un CASO de ESTUDO de maneira grupal cuxa
memoria será un 10% da nota final
10 B4
D1
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Esta materia é principalmente práctica, polo que no exame final avaliarase os coñecementos do alumno mediante a resolución de problemas. 30 B3
B4
C19
D2
Exame de preguntas obxectivas Despois de cada tema realizaranse diferentes probas, o alumno deberá responder a serie de preguntas curtas ou preguntas de opción múltiple nas que terás que demostrar o seu coñecemento así como a súa capacidade de síntese. Así mesmo, ao longo do cuadrimestre poderán realizarse probas tipo QUIZIZ que poderán representar ata un 0,5 + da nota asignada a este apartado. 20 B3
D1
Exame oral Realizarase un exame oral individual das prácticas de laboratorio realizadas na materia 10 B3
B4
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

Todos os alumnos serán avaliados de maneira continua mediante o desenvolvemento do CASO de ESTUDO, prácticas, cuestionarios e probas, así como a resolución de problemas.

RESOLUCIÓN PROBLEMAS (10%) no transcurso do curso os alumnos realizarán diferentes entregables de resolución de problemas, así como actividades H5P.

CASO de ESTUDO (20%): ao longo do cuadrimestre os alumnos deberán realizar en grupo un traballo no que utilizarán os diferentes coñecementos que están a adquirir na materia. O profesor planificará seminarios de seguimento do traballo no que se avaliará o estado do mesmo. As avaliacións parciais de entregables sobre o traballo realizado durante o curso así como a avaliación da presentación final do traballo (memoria e presentación) constitúen un 20% da nota da materia correspondendo un 10% a memoria e seguimento e un 10% a presentación.

PRÁCTICAS LABORATORIO E SAÍDAS  DE ESTUDO (20%): Durante o cuadrimestre os alumnos realizarán prácticas de laboratorio e saídas de estudos que suporán un 20% da nota final de materia. A nota total das prácticas e saídas de estudo dividirase da seguinte maneira: 10% exame oral individual das prácticas e 10% a memoria prácticas e proba sobre saídas de estudos. Requírese unha asistencia mínima o 80% das prácticas e saídas da materia para ter dereito á avaliación das mesmas. En caso contrario a nota deste apartado será 0,0 e terán que realizar un exame das mesmas no exame final. Do mesmo xeito requírese alcanzar un mínimo do 40% da nota das prácticas, de non alcanzar unha nota mínima en prácticas deberase realizar un exame de prácticas durante o exame final. 

PROBAS E CUESTIONARIOS (20%): ao longo do cuadrimestre, a poderen ser despois de cada tema, poderanse realizar cuestionarios tipo test o probas de preguntas cortas que serán 20% da nota.  Asímesmo realizaranse probas tipo QUIZZIZ que podrerán ter un valor de ata 0.5 puntos+. 

NOTA FINAL 
A nota final será a suma das notas obtidas en cada apartado a condición de que se alcance unha nota mínima  no examen de preguntas de desenvolvemento (50% da nota máxima 3) e exames de preguntas obxetivas (40% da nota máxima 2). De non alcanzar as nota mínima nos exames, a suma destas notas será a cualificación que figurará na acta. 

SEGUNDA CONVOCATORIA
 Na segunda convocatoria, manterase a nota das PRÁCTICAS conseguida na primeira convocatoria (de chegar o 40% da nota máxima) e manterase a cualificación obtida no CASO de ESTUDO e RESOLUCION DE PROBLEMAS. O alumno que non obtivese o 40% da nota máxima nas prácticas deberá realizar un exame das mesmas nesta segunda convocatoria.
 
RENUNCIA AVALIACIÓN CONTINUA/ AVALIACIÓN GLOBAL
O alumno será avaliado por un exame final dos contidos da materia (teóricos e prácticos) que será o 100% da nota.

COMPROMISO ÉTICO
 Espérase que os alumnos teñan un comportamento ético adecuado. Si se detecta un comportamento pouco ético (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados, por exemplo) considerarase que o estudante non cumpre cos requisitos para superar a materia. Nese caso a cualificación global no ano académico será suspenso (0,0). Non se permitirá o uso de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula do exame considerarase motivo de non superación da materia no curso académico e cualificación global será suspenso (0,0).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000