Actividades introdutorias |
Nesta actividade presentaráselles aos alumnos o temario a desenvolver durante o semestre, así como os obxectivos, competencias e criterios de avaliación. Así mesmo explicaráselles a forma de desenvolver a materia ao longo do semestre, crearanse os grupos que realizarán as metodoloxías integradas. |
Lección maxistral |
Durante a impartición de cada tema, os alumnos disporán na plataforma Moovi duns apuntamentos sobre o temario a tratar na sesión de aula e que estarán accesibles días antes da sesión de clase. O profesor exporá o temario na aula e realizarase unha serie de cuestións para promover o pensamento crítico durante a sesión de aula.
Os apuntamentos deixarán de estar dispoñibles na plataforma Moovi unha semana despois de finalizar a impartición da materia. |
Prácticas de laboratorio |
Os alumnos realizarán prácticas de laboratorio sobre as seguintes determinacións determinacións de parámetros químicos característicos da auga de mar así como de compostos químicos de interese en oceanografía química:
- Clorosidad e clorinidad.
- Alcalinidade total.
- Osíxeno disolto.
- Fosfatos en auga de mar.
- Metais por espectroscopía atómica.
Os informes de prácticas deben ser entregados no tempo estipulado, ser orixinais e serán avaliados polo profesor de acordo a uns criterios de avaliación publicados na plataforma Moovi.
A ausencia inxustificada a unha das sesións de prácticas, supón a non avaliación desta parte da materia, debéndose repetir no curso seguinte.
Non ten obrigación de realizar esta parte da materia aquel alumnado que a realizou durante o curso 2023-24 e obtivo unha cualificación igual ou superior a 5 puntos. |
Seminario |
Na sesión 1 de seminarios, o alumnado realizarán un proxecto orixinal relacionado cunha saída en barco para realizar un estudo de oceanografía química. Na sesión 2, o alumnado realizará os cálculos necesarios para a preparación de reactivos para poder facer as determinacións programadas na saída de barco proxectada na sesión 1. Nas sesións 3 e 4, o alumnado realizará a construción de perfís de profundidade a partir de datos obtidos nun laboratorio. Tras as sesións de seminarios, o alumnado terá que responder a uns cuestionarios que aparecerán na plataforma Moovi no prazo estipulado.
A ausencia inxustificada a unha das sesións de prácticas, supón a non avaliación desta parte da materia, debéndose repetir no curso seguinte.
Non ten a obriga de realizar esta parte da materia aquel alumnado que a realizou durante o curso 2023-24 e obtivo unha cualificación igual ou superior a 5 puntos. |