Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Oceanografía química II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Nesta actividade presentaráselles aos alumnos o temario a desenvolver durante o semestre, así como os obxectivos, competencias e criterios de avaliación. Así mesmo explicaráselles a forma de desenvolver a materia ao longo do semestre, crearanse os grupos que realizarán as metodoloxías integradas.
Lección maxistral Durante a impartición de cada tema, os alumnos dispoñerán na plataforma TEMA, antes da sesión de aula, duns apuntes sobre o temario a tratar na sesión de aula. O profesor expoñerá o temario no aula e realizarase unha serie de cuestións para promover o pensamento crítico durante a sesión de aula.
Os apuntes deixarán de estar dispoñibles na plataforma TEMA unha semana logo de finalizar a impartición da materia.
Resolución de problemas Durante as sesións na aula dedicadas a "Resolución de problemas", os alumnos aprenderán a calcular concentracións de compostos de interese oceanográfico na auga de mar a partir de datos que se obteñen habitualmente no laboratorio. Os enunciados destes problemas atoparanse na plataforma TEMA cunhas posibles respostas que axudarán aos alumnos a súa propia autoavalliación.
Prácticas de laboratorio Os alumnos realizarán prácticas de laboratorio sobre determinacións de parámetros químicos característicos da auga de mar así como de compostos químicos de interese en oceanografía química. Os informes de prácticas deben ser entregados no tempo estipulado, ser orixinais e serán avaliados polo profesor de acordo a uns criterios de avaliación publicados na plataforma TEMA.
Non teñen obrigación de realizar estas prácticas aqueles alumnos que as realizaron durante o curso 2018-19 e obtiveron unha cualificación superior a 5 puntos.
Traballo tutelado Os alumnos realizarán un proxecto orixinal relacionado cunha saída en barco para realizar un estudo de oceanografía química. O proxecto será avaliado polo profesor de acordo a uns criterios de avaliación publicados na plataforma TEMA.
Non teñen obrigación de realizar este traballo aqueles alumnos que o realizaron durante o curso 2018-19 e obtiveron unha cualificación superior a 5 puntos.
Presentación Os alumnos farán unha breve presentación en público sobre o proxecto realizado nos Traballos tutelados a cal será avaliada polo profesor e os seus compañeiros de acordo a uns criterios de avaliación publicados na plataforma TEMA.
Non teñen obrigación de realizar esta presentación aqueles alumnos que a realizaron durante o curso 2018-19 e obtiveron unha cualificación superior a 5 puntos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000