Seminario |
Tratándose dunha materia optativa o seguimiento e superación con éxito da materia precisa do interese e compromiso persoal do estudante que debe manifestarse tanto na asistencia as sesións magistrales como na súa preparación previa e no estudo dos materiais docentes que serán entregados ao longo do curso .
Valorarase a participación activa na sesión maxistral con preguntas razoadas e argumentadas sobre a materia ou lección obxecto de exposición.
A avaliación continuada, esixe, por unha banda unha asistencia de polo menos o 80% das clases e a realización personal polo estudante de un mínimo de 80% das actividades avaliables (que consisten en un mínimo de 7 tests con preguntas curtas sobre cada lección do programa e un mínimo de 5 casos prácticos con varios supostos de feito reais), que se desenvolverán e serán obxeto de debate e explicación das cuestión mais problemáticas ao longo do curso nas clases practicas .
Os casos prácticos obxecto da avaliación continuada realizaranse e entregaranse necesariamente nas datas establecidas no seu momento no cronograma da materia a traves da Plataforma Faitic. A metodoloxía e materíiis docentes que deberá empregar o estudante para responder ao caso práctico especificarase con cada entrega.
O Modelo de examen final consta de duas partes:Primeira parte: Exame tipo test sobre ás leccións do programa (40 preguntas) con penalización. Segunda parte: Un suposto de feito con 10 preguntas de resposta curta pero razoada .
TUTORIAS
Además das titorias en grupo que serán planificadas o inicio de curso
A atención personalizada están pensadas para:
- Atender persoalmente as dúbidas que poidan suscitarse ao fío das sesións maxistrais
- Resolver cuestións expostas ao fío dos supostos prácticos entregados aos/as estudantes, axudando a identificar argumentos e conclusións principais.
- Axudar a atopar e elexir coidadosamente o material que os/as estudantes precisan para realizar os traballos que se lles asignen.
As titorías académicas terán lugar no despacho A-310 do edificio da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. As titorías requiren presencialidade: Non se realizan titorías por correo electrónico nin se envían materiais por este medio.
Os horarios se publicaran o inicio de curso na plataforma docente FAITIC |
|