Guia docente 2024_25
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Fabricación Aditiva
 Materias
  Aplicacións en Enxeñería biomédica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Autoavaliación Ao final de cada tema ou unidade temática, realizarase unha proba curta de autoavaliación que o alumnado deberá responder de maneira individual.
O resultado destas probas orientarán ao alumnado sobre a súa comprensión da materia e o seu progreso na aprendizaxe.
As probas consistirán na resolución de 10 cuestiones tipo test (resposta única ou múltiple), en liña, a través da plataforma Moovi.
10 B7
B9
B11
C1
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Despois de realizar cada sesión práctica (TIC e de laboratorio), o alumno deberá entregar un informe onde se inclúan os resultados dos ensaios realizados así como as respostas ás preguntas expostas. Asimesmo, neste apartado, inclúense breves informes no que o alumnado amosará os avances no proxecto que está a realizar. 20 B6
B7
B9
B11
C1
C4
C7
Exame de preguntas obxectivas Nas datas previstas polo centro realizarase unha proba escrita. Neste exame avaliarase o coñecemento que o alumnado adquiriu dos conceptos presentados nas clases de teoría, a través de preguntas curtas, exercicios, etc. 30 B7
B9
B11
C1
Presentación Presentación oral na que cada alumno (ou pequeno grupo, dependendo do número de alumnos) presenta e defende ante o profesor e os seus compañeiros
o proxecto levado a cabo. O alumno deberá explicar os pasos seguidos en cada unha das etapas de desenvolvemento do proxecto, demostrando os coñecementos e habilidades adquiridas. Ao finalizar da exposición, deberá
responder as preguntas formuladas polo profesorado e o resto do alumnado.
Esta exposición e defensa será avaliada de acordo cunha rúbrica previamente publicada.
40 C1
C4
C7
D7
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Avaliación continua: (será o sistema de avaliación preferente): Consta de diversas probas que se desenvolverán ao longo do periodo de impartición da docencia, e dunha proba escrita que se realizará na data oficial da 1ª oportunidade de exame, tal como se indica na táboa anterior, na que se recolle a porcentaxe de cada proba na cualificación final. Como resumo:

  • Autoavaliación: 10%
  • Informe de prácticas: 20%
  • Defensa do proxecto realizado: 40%
  • Exame escrito: 30%

- O alumnado que siga o procedemento de avaliación contínua deberá participar obrigatoriamente na totalidade das actividades indicadas anteriormente, sendo a súa cualificación final a suma das puntuación acadadas en cada unha das probas, coa ponderación recollida na táboa anterior. Para superar a avaliación continua da materia deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

- Nos casos excepcionais nos que un alumno ou alumna non poida participar nalgunha sesión puntual das actividades anteriores, o profesorado acordará co/coa estudante unha actividade ou proba alternativa, que lle permita continuar co desenvolvemento da materia sen detrimento no procesode avaliación.

- O alumnado que deba acollerse á segunda oportunidade da avaliación conservará a cualificación obtida nas probas de autoavaliación e nos informes de prácticas (30%), pero deberán realizar un exame escrito con preguntas obxectivas que avaliarán os contidos teóricos da materia. (30% da nota final) e realizar a presentación do proxecto (40%). O exame terá lugar na data oficial que estableza o centro.

Avaliación Global: Aqueles/as alumnos/as que non desexen acollerse ao procedemento de avaliación continua, deberán seguir o procedemento de renuncia a avaliación continua establecido pola dirección da EEI, cumprindo os prazos fixados polo centro. Neste caso, tanto na primeira como na segunda edición, a avaliación realizarase mediante un único exame escrito (50 % da nota final) e a defensa dun proxecto integral de análise, deseño, fabricación e caracterización (50 % da nota final) seleccionado entre os propostos polo profesorado. A proba realizarase nas datas oficiais que estableza o profesorado. centro. Para superar a avaliación global, deberán acadar unha cualificación mínima de 5 sobre 10.

Convocatoria Extraordinaria: realizarase segundo o sistema de avaliación global anteriormente descrito, na data oficial determinada polo centro. Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado, de acordo co código ético da Universidade de Vigo e da EEI. Segundo o artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, (Aprobado no claustro do 18 de abril de2023): "A actuación fraudulenta en calquera proba de avaliación implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da oportunidade de avaliación da convocatoria correspondente, iso con independencia do valor que sobre a cualificación global desta tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse".

AVISO: No caso de discrepancia ou inconsistencia na información contida nas distintas versións lingüísticas desta guía, prevalecerá a versión editada en castelán.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000