Traballo tutelado |
O seguimento da realización do traballo realízase nas sesións prácticas.
A avaliación realízase mediante a presentación do traballo tutelado. |
40 |
|
B6 B10
|
C10
|
D7
|
A materia está deseñada para asistir de forma sistemática ás clases presenciais e desenvolver as actividades docentes propostas, con seguimento e/ou avaliación das mesmas nas ditas prácticas. As situacións especiais das/os alumnos que, con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia ou por outras causas debidamente xustificadas, non poidan cursar a materia presencialmente, deberán ser comunicadas ao inicio do cuadrimestre e xustificadas adecuadamente. Daranse as instrucións oportunas para que a/o alumna/o siga a materia sen problemas, facendo un seguimento das actividades docentes nas titorías. Os criterios de avaliación da segunda oportunidade serán os mesmos que os da primeira oportunidade. Os criterios de valoración da convocatoria adiantada de decembro serán os mesmos que os da segunda oportunidade do ano anterior. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez acreditada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria na que se incumpra: a/o alumna/o será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na correspondente convocatoria académica do curso, tanto se a comisión da infracción se produce na primeira ocasión como na segunda. |