1. Avaliación continua1.1. Oportunidade ordinariaA nota final da materia obterase como a media ponderada da nota de prácticas de laboratorio (A), a nota de aprendizaxe baseada en proxectos (B) e a nota do exame de preguntas obxectivas (C). Para aprobar a materia é necesario obter un mínimo do 50% da nota máxima. Para poder facer a media é necesario obter un mínimo do 40% da nota máxima en cada parte. Si non se alcanza o mínimo (40%) nalgunha das partes, a nota final da materia será de suspenso e o valor numérico calcularase multiplicando a nota obtida coa media ponderada por 0,64. Aclaración sobre o coeficiente: Este coeficiente obtense de dividir 4,99 (máxima nota do suspenso) entre 7,56 (máxima nota da media aritmética que se pode obter suspendendo a materia: nota de A=3; nota de B=3,9x0,4=1,56; nota de C=3; total=7,56). 1.2. Oportunidade extraordinariaNa oportunidade extraordinaria non será necesario presentarse ás partes aprobadas. A avaliación dos estudantes que teñan que presentarse á oportunidade extraordinaria do curso académico realizarase con: - Exame final: Proba con preguntas de resposta curta. Avaliaranse os conceptos teóricos e estudo de casos.
- Exame de prácticas: Proba de realización dalgunha das tarefas indicadas nos enunciados de prácticas.
- Presentación de proxecto: Avaliarase o proxecto asignado, segundo os criterios descritos para a oportunidade ordinaria.
A nota final obterase cos mesmos criterios especificados para o cálculo da nota da oportunidade ordinaria. 2. Avaliación global e convocatoria de final de carreiraO alumnado de avaliación global e de convocatoria de final de carreira será cualificado por medio dun exame final de coñecementos teóricos (C) e un exame de laboratorio: prácticas (A) e proxecto (B). O peso e os criterios de avaliación son os mesmos que en avaliación continua. 3. Compromiso éticoEspérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros), considerarase que o estudante non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). |