- Exame de preguntas obxectivas: 30% do total da materia.
- Prácticas con apoio das TIC (entregas de
informes de prácticas e outras tarefas propostas polo profesorado): 35% do total da materia. - Resolución de problemas (entregas de informes ou
traballos sobre supostos propostos polo profesorado): 35% do total da materia.
Para superar a
materia o alumnado deberá obter en cada un dos apartados de avaliaición polo menos unha puntuación do 20%.
Por defecto, a avaliación será na modalidade de Avaliaición Continua para todo o alumnado. Poderá renunciar a esta modalidade de avaliación todo aquel que o desexe e o solicíte no tempo e forma especificados pola Escola.
Para o alumnado que curse a materia
na modalidade de Avaliación Continua e non aprobe a materia na
convocatoria de Primeira Oportunidade (maio), para aprobar a materia na
convocatoria de Segunda Oportunidade (xullo) os/as
docentes da materia indicaranlle as entregas ou traballos que terá que
realizar para poder ser avaliado/a nesa convocatoria.
O alumnado que
renuncie á modalidade de Avaliación Continua será avaliado co 100% da puntuación da materia nunha única proba. Nese caso, o/o alumno/a deberá notificárllelo aos/ás docentes da materia coa antelación
suficiente, os/as cales lle indicarán a metodoloxía para a avaliación.
Compromiso ético:
Espérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. No
caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, emprego de aparellos electrónicos non autorizados e outros) considerarase que o/o alumno/a non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a calificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0).