Avaliación continua: Valorarase o traballo da/o alumna/o ao longo do
curso. Na cualificación final, as probas realizadas ao longo do curso
(casos prácticos) suporán un 60% e a proba final (a realizar na data oficial)
un 40%. Para superar a materia, será obrigatorio presentarse á proba final e deberase obter unha
cualificación superior a 4 puntos (sobre 10). En caso de non obter na proba final a cualificación mínima para superar a
materia, a nota a aparecer na acta será o mínimo entre 4.9 e a
cualificación final (ponderada). Segunda oportunidade: Na segunda oportunidade aplicarase o
mesmo baremo que na avaliación continua, contando as probas realizadas
ao longo do curso un 60% e a proba final un 40%. Neste caso manteranse
as cualificacións das probas realizadas ao longo do curso e só se
repetirá a proba final, na que de deberá obter unha cualificación
superior a 4 puntos (sobre 10) para poder superar a materia. En caso de non obter na proba final a cualificación mínima para superar a
materia, a nota a aparecer na acta será o mínimo entre 4.9 e a
cualificación final (ponderada). Avaliación global: Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá
optar, segundo o mecanismo establecido pola Escola, a ser avaliado cun exame final que suporá o 100% da
cualificación. Neste caso, será necesario obter unha cualificación
superior a 5 puntos (sobre 10) para poder superar a materia. Requírese do alumnado que curse esta materia un comportamento
responsable e honesto. Considérase inadmisible calquera forma de fraude
(copia ou plaxio) dirixida a falsear o nivel de coñecemento e
habilidades acadados en todo tipo de proba, informe ou traballo. As
condutas fraudulentas poderán supor suspender a materia durante un curso
completo. Levarase un rexistro interno destas actuacións para, en caso
de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente
disciplinario. |