Guia docente 2024_25
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Fabricación Mecánica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio As actividades formativas de carácter práctico avaliaranse segundo os criterios de asistencia, grao de participación e informes. Rexístrase e valora a asistencia, entrega de documentación, memoria ou infomes das prácticas a través dos exercicios correspondentes na plataforma de teledocencia e follas de firmas presenciais.
Resultados de Aprendizaxe:
- Coñecer os requirimentos dos distintos compoñentes para a realización dunha selección adecuada de materiais e condicións de procesos
- Coñecer o proceso experimental utilizado cando se traballa con maquinas de alta velocidade (HSM) para fabricación por mecanizado.
- Profundar nas técnicas de verificación de máquina-ferramenta.
- Caracterizar e Modelar máquinas para o conformado
- Saber analizar con métodos avanzados a influencia do procesamento do material na selección e uso de equipos para o conformado
- Saber facer unha Análise CAE de procesos de conformado
10 C13
D5
D11
Prácticas con apoio das TIC As actividades formativas de carácter práctico avaliaranse segundo os criterios de asistencia, grao de participación e informes. Rexístrase e valora a asistencia, entrega de documentación, memoria ou informes das prácticas a través dos exercicios correspondentes na plataforma de teledocencia e/ou follas de firmas presenciais.
Resultados de Aprendizaxe:
- Coñecer os requirimentos dos distintos compoñentes para a realización dunha selección adecuada de materiais e condicións de procesos
- Coñecer o proceso experimental utilizado cando se traballa con máquinas de alta velocidade (HSM) para fabricación por mecanizado.
- Profundar nas técnicas de verificación de máquina-ferramenta.
- Caracterizar e Modelar máquinas para o conformado
- Saber analizar con métodos avanzados a influencia do procesamento do material na selección e uso de equipos para o conformado
- Saber facer unha Análise CAE de procesos de conformado
20 C13
D5
D11
Exame de preguntas obxectivas Test de ata 20 preguntas de calquera parte da materia (aula, laboratorio, seminario, prácticas de campo,...) de elección múltiple e resposta única. Cada fallo nunha pregunta ten un desconto de valor a probabilidade de acertar polo valor da pregunta.
Resultados de Aprendizaxe:
- Coñecer os principais materiais e procesos empregados para a fabricación de compoñentes de máquinas
- Coñecer os requirimentos dos distintos compoñentes para a realización dunha selección adecuada de materiais e condicións de procesos
- Coñecer o proceso experimental utilizado cando se traballa con máquinas de alta velocidade (HSM) para fabricación por mecanizado.
- Profundar nas técnicas de verificación de máquina-ferramenta.
- Caracterizar e Modelar máquinas para o conformado
- Saber analizar con métodos avanzados a influencia do procesamento do material na selección e uso de equipos para o conformado
- Saber facer unha Análise CAE de procesos de conformado
30 C13
D5
D11
Resolución de problemas e/ou exercicios O estudante deberá resolver problemas e/ou exercicios expostos de calquera contido ou parte da materia (aula, laboratorio, seminario, prácticas de campo,etc.) para poder avaliar as súas capacidades de abstracción, razoamento, cálculo, análise e comprensión xeral dos contidos da materia.

Resultados de Aprendizaxe:
- Coñecer os principais materiais e procesos empregados para a fabricación de compoñentes de máquinas
- Coñecer os requirimentos dos distintos compoñentes para a realización dunha selección adecuada de materiais e condicións de procesos
- Coñecer o proceso experimental utilizado cando se traballa con máquinas de alta velocidade (HSM) para fabricación por mecanizado.
- Profundar nas técnicas de verificación de máquina-ferramenta.
- Caracterizar e Modelar máquinas para o conformado
- Saber analizar con métodos avanzados a influencia do procesamento do material na selección e uso de equipos para o conformado
40 C13
D5
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). 

PRIMEIRA EDICIÓN OU PRIMEIRA CONVOCATORIA DE CADA CURSO: Os estudantes poden optar entre dous sistemas de avaliación: 

A. Sen avaliación continua: O estudante, neste caso, debe facer unha proba de avaliación ou exame final que consta de dúas partes: 

- Test:  de, como máximo, 20 preguntas de elección múltiple e, preferentemente, resposta única, nas que cada resposta errada resta a
probabilidade de acertar (é dicir, se fosen catro respostas posibles restaría 1/4 do valor da pregunta). As preguntas do test poden ser de calquera parte da materia (aula, laboratorio, informática.) pero só poderá haber una porcentaxe de preguntas de prácticas de ata o 50% do total do test. O test terá un valor do 40% da nota total da materia. 
- Exame de resolución de problemas e/ou exercicios. As preguntas deste exame poden ser de calquera parte da materia (aula, laboratorio, seminario, prácticas de campo,etc.). O exame de problemas ten un valor do 60 % da nota total e poderá ter ata un máximo do 40% de preguntas dos contidos de prácticas. 

B.  Con avaliación continua. Consta de: 
- 2 probas liberatorias (un total de 7 puntos sobre 10 da nota total da materia) coas mesmas condicións que o exame da avaliación tipo A pero no que a nota dos test ten un valor do 30% da nota total da materia e a parte do exame de resolución de problemas e/ou exercicios vale un 40% da nota total de materia. 
- Prácticas (un total de 3 puntos sobre 10 da nota total da materia): valorada a través de asistencia, participación e informes. 
- Proba de nivel: Ao comezo do curso académico realizarase unha proba de nivel para avaliar e adecuar o desenvolvemento da materia
á realidade de coñecemento e destrezas iniciais dos estudantes. Esta proba serve como dato, non vinculante, para incorporar á avaliación do estudante valorando se se corrixiron ou non, de ser o caso, as posibles carencias detectadas na proba inicial. 

O alumnado que opte polo tipo B que non aprobe as provas liberatorias poderá presentarse ao Exame Final con aquela parte que non teña liberada para poder compensala. Para obter o aprobado deberase obteer un mínimo de 3.5 sobre 10 en cada proba ou no Exame Final para poder aprobar a materia e, se non chegara a este valor, quedará coa cualificación de suspenso que minimice a diferencia co aprobado.

SEGUNDA (E/OU TERCEIRA) EDICIÓN OU CONVOCATORIA. Na segunda edición de xullo (e/ou a terceira de novembro, que corresponda á docencia previa realizada durante o curso precedente) o sistema de avaliación limitarase unicamente á opción A das explicadas no caso de primeira convocatoria ou primeira edición. Non se terá en conta nin se recoñecerá materia ou contidos dun curso precedente.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000