Guia docente 2024_25
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Tradución e patrimonio
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A2 CB7 - Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en novas contornas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados co seu eido de estudo.
A3 CB8 - Que o estudantado sexa quen de integrar coñecementos e encarar a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta o limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas ligadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
A4 CB9 - Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sin ambigüedades
A5 CB10 - Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permita continuar estudando dun xeito que en gran medida será autodirixido o autónomo.
B1 Dominar as ferramentas tecnolóxicas e informáticas especializadas e coas metodoloxías de investigación máis relevantes que permitan planear e executar a investigación e interpretar os seus resultados para ampliar o coñecemento, así como para utilizalos nos contextos profesionais.
B2 Dominar os elementos principais das disciplinas máis relevantes relacionadas coa tradución e interpretación, especialmente a historia, a antropoloxía, a filosofía, a sociología, a semiótica, a teoría da literatura, a política, a economía, os estudos culturais e os estudos de xénero.
B3 Dispor dun espírito crítico e reflexivo, áxil e práctico ante fenómenos culturais que transvasan as fronteiras lingüísticas e culturais
B7 Comprender o proceso tradutolóxico como un fenómeno holístico e transversal
B8 Ser quen de integrar os coñecementos adquiridos e ter capacidade para enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir de contornas novas ou pouco coñecidos e cunha informacion que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B9 Posuír as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando, formándose e investigando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
C2 Capacidade para deseñar traballos experimentais, observacionais e estudos de campo en T/I e para desenvolver na práctica eses principios mediante a elaboración, presentación e discusión de proxectos reais de investigación empírica en T/I.
C3 Capacidade para analizar, recoñecer e avaliar a transcendencia ideolóxica e sociocultural dunha política de tradución para unha cultura ou comunidade
C4 Saber establecer un método de traballo de campo cuxas hipótese non estean condicionadas polo estado da cuestión clásico en tradutoloxía.
C5 Recoñecer e categorizar como tradutoras moitas prácticas sociais e multimodais que, dependendo das normas establecidas, non son habitualmente recoñecidas como tales. Como consecuencia, promover a lexitimidade destas prácticas, tanto profesionais como ocasionais, e incrementar a dimensión teórica dos estudos de tradución e interpretación.
D1 Construír unha visión holística dos fenómenos de tradución, interpretación e paratraducción en relación con outras actividades e disciplinas científicas
D2 Dominio das distintas ferramentas TIC de axuda á tradución, xestión de memorias, procesamento de textos, fluxo de traballo, programas específicos para distintas especialidades (subtitulaxe, localización, tradución técnica, edición, etc.)
D5 Asimilar as achegas teóricas de interese mutuo entre os estudos tradutolóxicos e outras disciplinas relacionadas.
D7 Poder avaliar o capital social, económico e simbólico dos distintos axentes que interveñen nos distintos procesos relacionados coa tradución /interpretación.
D9 Capacidade de aprendizaxe autónoma e continua dos contextos técnicos e teóricos relacionados co proxecto de investigación co cal se está colaborando.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000