Esta materia concíbese como un espazo didáctico que ha de servir ao estudantado, por unha parte, para coñecer os conceptos básicos da tradución audiovisual, fundamentalmente as súas modalidades principais, a dobraxe e o subtitulado, e, por outra, para saber identificar os principais problemas de tradución dos textos audiovisuais en lingua inglesa e implementar as estratexias adecuadas para resolvelos. Así mesmo, o estudantado aprenderá a aplicar métodos analíticos aos textos audiovisuais co fin de alcanzar unha boa tradución (análise textual e contextual) ou de establecer a calidade de traducións xa existentes. Por último, tamén aprenderá a manexar, polo menos, un programa de subtitulación.