Guia docente 2024_25
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Tecnoloxías da linguaxe
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Nesta materia, a asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento clave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda a presenza e participación activa na aula. Para superar a materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como nas horas de traballo persoal fóra da aula. Xa que logo, recoméndase firmemente o estudo diario da materia, así como a lectura atenta de todos os materiais proporcionados ao longo do desenvolvemento das aulas. Cada estudante debe poder responsabilizarse do contido das súas entregas e de utilizar correctamente as fontes de información apropiadas. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. No que respecta ás ferramentas de Intelixencia Artificial, o seu uso debe ser ético e responsable. Se nunha tarefa avaliable hai indicios dunha utilización irregular ou abusiva de ChatGPT ou outras tecnoloxías semellantes, o profesorado da materia poderá esixir a repetición presencial da proba.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000