Prácticum, Practicas externas e clínicas |
Cada alumno/a contará cun titor/ora académico e outro no destino. O titor académico axudaralle a tramitar a documentación e mediará en caso de necesidade. O titor de destino é responsable de organizar a práctica, preparar os textos, indicar prazos e facer as correccións oportunas para que exista avaliación formativa. O titor académico debe corrixir a memoria de prácticas ao finalizar a práctica (documento D7: 30% da nota) e o titor de destino deberá dar unha nota entre 0 e 10 (documento D5: 70% da nota).
A coordinadora de prácticas estará a disposición do alumnado para calquera dúbida, tanto en titorías presenciais como en telemáticas. En Moovi están colgados todos os documentos relacionados coas prácticas (convocatoria, impresos, cronograma, modelo memoria de prácticas, recomendacións para computar tarefas de tradución directa, inversa, etc.). É responsabilidade dos estudantes consultar todo isto en Moovi. |
|