Existen dúas modalidades de
avaliación. Na avaliación continua o/a estudante dispón da posibilidade de ir
superando a materia por medio da avaliación de traballos e encargos realizados
ao longo do período lectivo canda un exame global. No caso de non entregar nas
datas indicadas os traballos de auto aprendizaxe e/ou encargos correspondentes,
ou en caso de detectarse plaxio ou copia nalgún dos encargos, traballos ou
probas o/a estudante perderá a oportunidade de realizar a avaliación continua.
Na segunda modalidade, de
avaliación o/a estudante dispón da posibilidade de dar conta da materia por
medio dunha única proba ou tarefa. Esta consistirá na realización dunha tarefa
de tradución e/ou traballo de auto aprendizaxe para entregar na data establecida
no calendario de exames da FFT canda un exame global que se desenvolverá
de modo presencial na data indicada no calendario de exames da FFT. En caso de
ser detectada e comprobada a existencia de copia ou plaxio nalgún dos encargos,
traballos ou probas, o/a alumno/a perderá a oportunidade de examinarse na
convocatoria correspondente.