Trátase dunha materia optativa que complementa a formación de futuras/os tradutoras/es e intérpretes que se inserirán proximamente no mundo profesional. Está orientada tanto ao traballo no seo dos servizos de tradución públicos (servizos lingüísticos responsables da tradución de publicacións oficiais: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial do Estado, boletíns oficiais da provincia etcétera) e servizos de normalización lingüística (principalmente os servizos municipais), coma ao traballo autónomo das e dos profesionais que traballen para axencias de tradución ou por conta propia. Os seus textos son obxecto de encarga de tradución frecuentemente no mercado profesional.
Trabállase a tradución en ambas as direccións, especialmente a tradución cara ao galego.
Para o seguemento eficaz e produtivo desta materia recoméndase un nivel C2 do MCER.