a) Avaliación O alumnado ten que optar a comezos de curso por unha das dúas modalidades de avaliación: continua ou única (no caso da única, cómpre que indique (mediante envío de correo electrónico a lilianavalado@uvigo.gal) que se acolle a esa modalidade, antes do 29 de febreiro). 1 Para o alumnado que segue a avaliación continua, todas as probas propostas son obrigatorias. O alumnado deberá superar todas as probas para poder superar a materia. O alumnado que suspenda algunha das probas deberá recuperar esa parte na data oficial do exame de maio-xuño. O alumnado que suspenda a avaliación de maio-xuño poderá presentarse á convocatoria de xullo na data oficial, fixada pola Facultade, que incluirá todos os contidos da materia. Gardarase a parte aprobada para xullo no caso de habela. A avaliación continua consta das seguintes probas obrigatorias: -- Proba presencial de tradución (canción): a data será fixada pola docente ao longo do curso e publicada en Moovi: 40%. -- Proba presencial de exame consistente nunha parte práctica de tradución (literatura infantil e xuvenil, 40%) e corrección (de ser o caso) (20%). Non se permitirá o uso de computador. En ningún caso, as probas serán compensatorias entre elas. A cualificación de aprobado/a será acadada por quen supere todas e cada unha delas. As datas fíxanse ao longo do curso e publícanse en Moovi. 2 Para o alumnado que non se acolla á avaliación continua, o de avaliación única, haberá dúas convocatorias de exame: maio-xuño (data oficial) e xullo (data oficial). O exame consistirá na realización de dúas traducións (60%) directas (inglés-galego), así como dunha proba de respostas curtas, medias ou longas (40%) sobre as lecturas que aparecen marcadas como [lectura obrigatoria] publicadas en Moovi e dispoñibles na biblioteca. Non se permitirá empregar materiais auxiliares, nin computador. Deberá superar as dúas probas para facer media. Non se gardará para xullo a parte aprobada en xuño no caso de habela. Importante: para adherirse á avaliación única o estudantado deberá enviar un correo electrónico á docente antes de 29 de febreiro de 2025. b) Baremo e outros comentarios O baremo é
o seguinte: 1 Exercicio de proba teórica sobre lecturas: resposta incorrecta: -0,2. Os erros ortograficogramaticales, así como os tipográficos
tamén descontan nesta parte, tal e como aparece a continuación. 2 Exercicio de tradución: Sen sentido (SS): -1,00 Contrasenso (CS): -1,00 Omisións (Om): -1,00 Erro de gramática (G): -0,50 Erro de sintaxe (S): -0,50 Erro de ortografía (Ou): -0,25 Non idiomático ou erro de estilo (E): -0,15 Os termos de esixencia máxima para a avaliación aparecen detallados nesta guía docente. Con todo, a docente poderá suavizalos en función do seu criterio académico. A data de revisión opcional de probas e exames indicararse a través de Moovi e será presencial. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. A copia
ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. É
responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da
plataforma Moovi e de estar ao tanto das datas nas que as
probas de avaliación teñen lugar. |