Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución editorial idioma 1: Inglés-Galego
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias
Competencia lingüística: dominar á perfección a norma e os usos das linguas de traballo (inglés-galego), a nivel sintáctico, gramatical, morfolóxico, lexicolóxico, terminolóxico e fraseolóxico. Subcompetencias: coñecer tanto as diferenzas como as similitudes dos dous sistemas lingüísticos. CE1
CE2
CE3
CE4
CE8
CE33
CT14
Competencia comunicativa e cultural: comprender textos redactados na lingua orixe. Subcompetencia: coñecer a historia e as culturas das dúas linguas co fin de entender á perfección os textos, así como dominar os mundos textuais das dúas culturas coas que se traballa, as distintas convencións sociais; entre elas, saber relacionarse coas e cos diferentes axentes, é dicir, relación tradutora/tradutor-clienta/cliente. CE1
CE2
CE3
CE4
CE8
CE17
CE18
CE19
CE22
CE24
CE27
CE33
CT1
CT2
CT7
CT9
Competencia textual: comprender a estrutura e os principios organizadores dos textos que se editan. Subcompetencias: coñecer os diferentes tipos de texto mencionados e as súas características (argumentativos, expositivos...), así como a técnica de edición máis común á que adoitan ser sometidos. CE1
CE3
CE4
CE33
Competencia tradutora: saber traducir un texto sen interferencias e con calidade. Subcompetencia: identificar as e os axentes do proceso de tradución editada (autoría, axente que traduce, autorrevisa, corrixe, revisa de xeito alleo, paxina, maqueta, compón a páxina, axente receptora ou receptor, quén e cómo critica e recensiona, quén e cómo realiza os controis de calidade, as auditorías da Norma...) e a función do texto. Coñecer as distintas técnicas e estratexias empregadas pola tradutora ou tradutor como editora ou editor, pola tradutora ou tradutor como correctora ou corrector, como revisora ou revisor, así como o mercado laboral no que estas e estes axentes desenvolven o seu labor profesional na actualidade (cántas editoriais precisan tradutoras e tradutores con inglés e galego e cál é o seu volume de publicación). Para isto, definirase a tradución de encomendas individuais e en equipo, así como se ensinará a xestionar proxectos de tradución editorial. CE8
CE10
CE17
CE18
CE22
CE24
CE27
CT4
CT7
CT8
CT9
CT12
CT14
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000