Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución editorial idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Lección maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente á aplicación na práctica dos conceptos téoricos da materia. Estes contidos avaliaranse coa entrega dunha tradución a través de Faitic. 15 CE1
CE2
CE3
CE4
CE8
CE10
CE17
CE18
CE19
Resolución de problemas Avaliarase todo tipo de exercicios relacionados coa competencia tradutora. Poderán ser exercicios nos que se avalíe a autorrevisión, revisión e corrección alleas, así como a tradución (competencias practicadas durante as sesións). Terase moi en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. Estes contidos serán detallados e avaliados na proba presencial de exame (parte práctica). 30 CE22
CE24
CE27
CE33
CT1
CT2
Prácticas de laboratorio Entragaráselle ao alumnado textos para seren traducidos. O alumnado tentará simular procesos reais de traballo. Terase moi en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. Estes contidos avaliaranse na entrega de revisión e corrección xustificadas dunha proba non presencial de tradución. O control da entrega farase mediante Faitic. 30 CT14
Exame de preguntas de desenvolvemento O alumnado deberá pór na práctica os coñecemento en revisión, corrección e tradución. 25 CT4
CT7
CT8
CT9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

a) Avaliación

O alumnado ten que optar a comezos de curso por unha das dúas modalidades de avaliación: continua ou única.

1 Para o alumnado que segue a avaliación continua, todas as probas propostas son obrigatorias. O alumnado deberá superar todas as probas para poder superar a materia. O alumnado que suspenda algunha das probas deberá recuperar esa parte na data oficial do exame de maio-xuño.

O alumnado que suspenda a avaliación de maio-xuño poderá presentarse á convocatoria de xullo na data oficial, fixada pola Facultade, que incluirá todos os contidos da materia. Gardarase a parte aprobada para xullo no caso de habela. A avaliación continua consta das seguintes probas obrigatorias:
-- Entrega a través de Faitic dunha tradución. A data será fixada pola docente ao longo do curso e publicada en Faitic: 15%.  

-- Revisión e corrección xustificadas dunha proba non presencial de tradución. A data será fixada pola docente ao longo do curso e publicada en Faitic.  30%

-- Proba presencial de exame consistente nunha parte práctica de tradución (30%) e corrección (25%). Non se permitirá o uso de computador. A data fíxase segundo o calendario oficial: 55%.

2 Para o alumnado que non se acolla á avaliación continua, o de avaliación única, haberá dúas convocatorias de exame: maio-xuño (data oficial) e xullo (data oficial). O exame consistirá na realización de dous traballos de tradución directa (inglés-galego), así como dunha proba de respostas curtas, medias ou longas sobre as lecturas que aparecen marcadas como [lectura obrigatoria] publicadas en Faitic e dispoñibles na biblioteca. Non se permitirá empregar materiais auxiliares, nin computador na parte de respostas sobre lecturas. Deberá superar as dúas probas para facer media. Non se gardará para xullo a parte aprobada en xuño no caso de habela.

Importante: para adherirse á avaliación única o estudantado deberá enviar un correo electrónico á docente durante as tres primeiras semanas de sesións.

b) Baremo e outros comentarios

O baremo é
o seguinte:

1 Exercicio de proba teórica sobre lecturas: resposta incorrecta: -0,2.

Os erros ortograficogramaticales, así como os tipográficos
tamén descontan nesta parte, tal e como aparece a continuación.

2 Exercicio de tradución:
Sen sentido (SS): -1,00

Contrasenso (CS): -1,00

Omisións (Om): -1,00

Erro de gramática (G): -0,50

Erro de sintaxe (S): -0,50
Erro de ortografía (Ou): -0,25

Non idiomático ou erro de estilo (E): -0,15

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
A copia
ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
É
responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da
plataforma Faitic e de estar ao tanto das datas nas que as
probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000