Competencia comunicativa e cultural: comprender textos redactados na lingua orixe. Subcompetencia: coñecer a historia e as culturas das dúas linguas co fin de entender á perfección os textos, así como dominar os mundos textuais das dúas culturas coas que se traballa, as distintas convencións sociais; entre elas, saber relacionarse coas e cos diferentes axentes, é dicir, relación tradutora/tradutor-clienta/cliente. |
|
|
C1 C2 C3 C4 C8 C17 C18 C19 C22 C24 C27 C33
|
D1 D2 D7 D9
|
Competencia tradutora: saber traducir un texto sen interferencias e con calidade. Subcompetencia: identificar as e os axentes do proceso de tradución editada (autoría, axente que traduce, autorrevisa, corrixe, revisa de xeito alleo, paxina, maqueta, compón a páxina, axente receptora ou receptor, quén e cómo critica e recensiona, quén e cómo realiza os controis de calidade, as auditorías da Norma...) e a función do texto. Coñecer as distintas técnicas e estratexias empregadas pola tradutora ou tradutor como editora ou editor, pola tradutora ou tradutor como correctora ou corrector, como revisora ou revisor, así como o mercado laboral no que estas e estes axentes desenvolven o seu labor profesional na actualidade (cántas editoriais precisan tradutoras e tradutores con inglés e galego e cál é o seu volume de publicación). Para isto, definirase a tradución de encomendas individuais e en equipo, así como se ensinará a xestionar proxectos de tradución editorial. |
|
|
C8 C10 C17 C18 C22 C24 C27
|
D4 D7 D8 D9 D12 D14
|