** PODERANSE DESCONTAR ATA 2 PUNTOS POR FALTA DE ORTOGRAFÍA EN CALQUERA DAS PROBAS DE AVALIACIÓN ESPECIFICADAS ARRIBA
------------------------ PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS: Esta materia é presencial e a súa avaliación continua (as probas e porcentaxes da avaliación continua son os arriba indicados). No entanto, se algún alumno, por motivos xustificados, non pode seguir este sistema de avaliación, deberá presentar nas dúas semanas seguintes ao día en que se matricule un xustificante especificando este particular. Nese caso, para ser avaliado na primeira edición de actas deberá ir á avaliación única na data especificada no calendario de exames aprobado en Xunta de Facultade. A proba consistirá en: un exame teórico (30%) e a entrega dun traballo de subtitulado (35%) e outro de dobraxe (35%). Para superar a materia é necesario aprobar as tres partes. As entregas, exercicios, lecturas, etc. feitas ao longo do curso servirán ao final para redondear a nota á alza. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): O alumno que siga o sistema de avaliación continua e non alcance a nota mínima presentarase en xullo ás partes non superadas na data indicada no calendario de exames. As partes aprobadas gardaranse unicamente ata a convocatoria de xullo. Os alumnos que sigan a avaliación única e non superen a materia na primeira edición de actas presentaranse á proba fixada no calendario de exames, que consistirá en: un exame teórico (30%) e a entrega dun traballo de subtitulado (35%) e outro de dobraxe (35%). Para superar a materia é necesario aprobar as tres partes. Todas as probas realizaranse na
lingua termo da combinación da materia. Con respecto á avaliación de traballos e proxectos, se se detecta que estes (ou algunha das súas partes) son plaxios, a cualificación dos mesmos será 0. É responsabilidade do alumno consultar os materiais e novidades a través da plataforma de teledocencia MOOVI e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. ALUMNADO ERASMUS Requírese un nivel B2 de lingua A español. |