Traballo tutelado |
Actividades máis extensas nas que non só se pon en práctica o asimilado a través de explicacións e lecturas, senón que buscan fomentar a aprendizaxe e práctica autónomos, o espírito crítico, o traballo en equipo etc. |
Estudo previo |
Todas as unidades do temario teñen unha bibliografía básica obrigatoria que o alumno debe asimilar, xa que será examinado do seu contido. |
Actividades introdutorias |
A primeira sesión presencial desta materia dedicarase a explicar con detalle os obxectivos que se pretenden alcanzar, o temario, a forma na que se desenvolverá a docencia e os procedementos de avaliación. |