Para o alumnado Eramus ou doutros programas de mobilidade internacional, é recomendable ter un nivel C1 de inglés e de español para poder cursar esta materia.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.
É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas que se fan na clase.
Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística, algo que por outra banda xa se avalía como parte da asignatura.
|