Esta materia, de carácter eminentemente práctico, ten por obxectivo que o alumnado adquira as técnicas e competencias fundamentais de interpretación consecutiva entre inglés e galego. Así, espérase que ao longo do cuadrimestre o alumnado sexa capaz de:
--Desenvolver as capacidades de escoita activa, memoria, análise e síntese do discurso, introducindo as técnicas fundamentais de toma de notas e oratoria, valorando a fluidez, naturalidade, corrección e capacidade comunicativa da expresión oral nas linguas A e B.
--Aumentar a súa cultura xeral, saber documentarse e prepararse para interpretar discursos ou entrevistas sobre un tema dado.
--Interpretar na modalidade de consecutiva e na súa lingua A un discurso producido orixinalmente na lingua
B.
--Facer de mediador(a) lingüística/o e cultural entre falantes das linguas B e A.