Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva idioma 1: Inglés-Galego
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Interpretación consecutiva idioma 1: Inglés-Galego Código V01G230V01617
Titulación
Grao en Tradución e Interpretación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 2c
Lingua de impartición
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Tradución e lingüística
Coordinador/a
Domínguez Araújo, Lara
Correo-e laradoar@gmail.com
Profesorado
Domínguez Araújo, Lara
Web
Descrición xeral Esta materia, de carácter eminentemente práctico, ten por obxectivo que o alumnado adquira as técnicas e competencias fundamentais de interpretación consecutiva entre inglés e galego. Así, espérase que ao longo do cuadrimestre o alumnado sexa capaz de:
--Desenvolver as capacidades de escoita activa, memoria, análise e síntese do discurso, introducindo as técnicas fundamentais de toma de notas e oratoria, valorando a fluidez, naturalidade, corrección e capacidade comunicativa da expresión oral nas linguas A e B.
--Aumentar a súa cultura xeral, saber documentarse e prepararse para interpretar discursos ou entrevistas sobre un tema dado.
--Interpretar na modalidade de consecutiva e na súa lingua A un discurso producido orixinalmente na lingua
B.
--Facer de mediador(a) lingüística/o e cultural entre falantes das linguas B e A.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000