Guia docente 2024_25
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, II: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas O alumnado traballará na aula e fóra dela de xeito individual ou grupal. Farao mediante múltiples exercicios, de diversas lonxitudes, que se centrarán na resolución de problemas en distintos ámbitos da tradución. Estes exercicios porán en práctica o asimilado a través de explicacións e lecturas e fomentarán, entre outras habilidades, a aprendizaxe autónoma, o traballo en equipo e o espírito crítico.
Lección maxistral Explicaranse puntos teóricos e analizaranse casos ou situacións habituais na práctica profesional que se exercitarán mediante actividades fóra e dentro da aula. É fundamental que o alumnado traballe e asimile os devanditos puntos teóricos.
Actividades introdutorias A primeira sesión presencial adicarase a explicar con detalle os obxectivos que se pretenden alcanzar, o temario, a forma na que se desenvolverá a docencia e os procedementos de avaliación.
Aprendizaxe baseado en proxectos O alumnado realizará encomendas de tradución, dun xeito individual ou en grupos, á maneira de problemas abertos, para adestrar, entre outras, as capacidades de aprendizaxe en cooperación, organización, comunicación e busca de solucións afondar na súa propia aprendizaxe.
Cartafol/dossier O alumnado deberá recompilar en Moovi as tarefas realizadas seguindo os criterios indicados pola docente.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000