PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas metodoloxías e porcentaxes descritas máis arriba. Para obter o 20% (máximo) establecido para os traballos de aula e os exercicios de repaso, atenderase a participación regular e activa na aula, coa entrega de traballos e á valoración da calidade dos mesmos. As probas escritas realizaranse nas datas oficiais fixadas no calendario aprobado pola Xunta da FFT. A nota final da parte escrita resultará de hallar a nota media entre ambas probas. O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla a avaliación única deberá realizar e superar un único exame escrito final sobre os contidos da materia, que se realizará na data oficial fixada no calendario aprobado pola Xunta da FFT, e máis outro oral noutra data concertada co profesorado para superala: la nota final resultará da nota media obtida en ambas probas.
Tanto no caso da avaliación continua, como da avaliación única, a nota dos exames -escritos e oral- non deberá ser inferior a 5 en cada una das probas para superar a materia. Para poder presentarse á proba oral na avaliación única é necesario ter alcanzado un mínimo de 5 en cada una das dúas probas escritas.
SEGUNDA
EDICIÓN DE ACTAS (XULLO) Para o
alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación continua, un exame teórico-práctico
escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación. A data do exame será
a data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT. ADVERTENCIA: En calquera das convocatorias de exames, o profesorado pode esixir a realización dunha proba oral ou escrita complementaria a aquel alumnado, xa sexa de evaluación continua ou de única que según o seu criterio razoado non demostre suficiente competencia na materia, ou ben por calqueira otra causa, incluida a sospeita de fraude, precise confirmar mellor o seu nivel na materia. |