Cunha orientación práctica e centrada no uso da lingua, esta materia ten como obxectivo a consolidación das competencias comunicativas e lingüísticas a nivel avanzado alto en lingua inglesa, prestando especial atención á aprendizaxe de gramática e vocabulario (Use of English: Grammar and Vocabulary) e ás destrezas de comprensión escrita (Reading) e produción escrita (Writing).
Os materiais teóricos e prácticos seguirán o nivel avanzado alto C1+ segundo os estándares do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Ao superar a materia, o estudantado acadará e consolidará un nivel C1+ segundo o Marco común Europeo de Referencia para as Linguas.